Saturday, December 13, 2014

Cando non se pode explicar

Ás veces penso no meu fillo, en como será o intre mesmo no que me pregunte pola morte. Non sei se me escollerá a min para iso, porque non sempre os proxenitores son a opción escollida para as preguntas importantes. A primeira vez que a morte me importou de verdade, que me doeu de verdade, foi cando finou o meu mellor amigo. Logo tiven moitos amigos, pero el (e Tamara, que sigue viva e por moitos anos, olliño!!) era o mellor (si, tiña un mellor amigo e unha mellor amiga, sempre tiven sorte con iso).
Logo de Oscar, que me tivo chorando un día enteiro no cuarto de Lele, con el, Germán e Juan aguantándome os tres como campións, viñeron outros amigos que logo marcharon. Lembrarei sempre a Popi e a Franki, que pode que non fose unha amizade de tanto tempo coma con Óscar, pero se cadra foi máis intensa. Logo, cando estaba rematando 4º de alemán na escola de idiomas, entérome de que morreu o meu compi desde 1º a 3º, Antonio, un crack que me fixo disfrutar da escola como nunca fixera, que me ensinou a apreciar as pequenas cousas da vida, que me fixo ver as cousas doutro xeito, dando importancia só ás cousas que de verdade valen a pena. Despois, hai case oito anos, finou o pai do meu fillo. Botou mes e medio agonizando, nunha cama de hospital, un horror que máis que doerme encarraxábame, porque non podía -e de feito, non puiden- facer nada.
Superado o de Marcos (niso tivo moito que ver Fran, o home a quen amo, que me ama e me soporta), chegoume desde Valencia a mala nova da morte de Miguel, o pequeno de dous irmáns, o home dunha amiga que quero coma unha irmá; hai uns días souben do pasamento do seu irmán, Suso, outra persoa das que non só deixan pegada, senón que fan que o mundo sexa un pouquiño máis gris coa súa falla, porque el só conseguía mellorar os meus días cando estaba con el. Guapo, serio, legal, de palabra... Así era Suso, o home que calquera muller querería para casar, e non me entrou a vea machista. É que vos aseguro que sería o compañeiro perfecto (ai, o que perdeu o mundo).
Josu foi outro que nos deixou neste mes de Novembro pasado. Falara con el unha hora antes da súa morte. Polo carallo do whatsapp, que non lle collía o xeito e quería que llo volvese a explicar (o día anterior xa estivera con el por ese tema), e de paso dixérame que me invitaba a un café. Eu non puiden agardar máis tempo e alá foi, para o outro barrio sen me despedir. Sempre me quedará a dúbida de que pasaría se eu agardase por el, se morrería igual... Por aquilo de chamar a unha ambulancia a tempo, digo...
E hoxe, cando xa pensaba que peor non podía rematar o ano, cóntanme que unha amiga está moi mal, en coma. E eu non podo soltar o móbil -téñoo aquí pegadiño a min- a ver se mirando para el me chegan antes boas novas, porque teñen que ser boas novas, porque non entendo como unha muller nova pode estar así, porque non o merece, porque habendo tanta mala xente no mundo non pode ser que lle toque á miña amiga estar así, porque é con quen máis e mellores momentos pasei nestes últimos meses, porque non podo deixar de pensar nas chorradas que nos escribimos o outro día por whatsapp, no café último que tomamos, nas conversas serias e non tan serias que tivemos, en que a quero e como son egoísta quero que se poña ben e que siga connosco por moitos anos... En que de verdade que agora mesmo é a mellor amiga que teño, a que me fai sentir ben cando todo vai mal, a que me fai sentir importante cando me pregunta pola miña opinión ou me pide consello, e a que  tamén me di o que pensa -gústeme ou non- cando o preciso.
E con todo isto, pensaba que ogallá que o meu fillo nunca me pregunte pola morte ou pola enfermidade, porque xamais comprenderei por que sempre lles toca ás boas persoas. E non son das que cren en deuses e santos, así que non me vale a escusa de que deus quere a xente boa con el, porque non. Non é xusto. E non o entendo. E como non o entendo, sigo rezando sen rezar, mandándolle todo o meu apoio, prestándolle a miña boa estrela, a miña amiga, porque non quero que entre na lista de persoas importantes que xa non están. RESISTE, AMIGA!!

Saturday, November 22, 2014

Máis intrusismo na profesión. Ser educadora social doe...

Ás veces penso que me trabuquei escollendo a carreira. Non porque non me guste, que amo ser educadora social; nin porque non haxa traballo, porque á fin e ao cabo, estamos tod*s igual nese sentido. Tampouco é porque se me dea mal facer o meu labor, porque creo que son boa nisto, perdoádeme a falta de modestia...
Pero cando vexo cousas como as novas de hoxe e hai uns días dicindo que nos xulgados galegos van crear un corpo de mediadores e esa tarefa vaina realizar a policía nacional... Aí é cando penso que me trabuquei. Que había que escoller mellor cando fixen a matrícula; tiña que meterme na policía, daquela. Que seguramente, e como non me coñecedes en persoa compréndovos, pensaredes que onde vou eu á policía e con tanta seguridade, que iso vai con oposicións e tal... Pero eu contestaríavos con dous argumentos: Mido 1, 83 e peso 76Kg, e non porque estea gorda; fixen deporte durante media vida e agora non o fago pero vou a todas partes andando apurada, fago traballos físicos a miúdo, etc, e a miña intelixencia seica é superior á media, pero, sexa así ou non, dánseme moi moi ben os exames, sobre todo os que son de resposta de elección múltiple.
E por que precisamente policía?
A máis do tema dos mediadores, temos o programa axente-titor, este coa policía local, outro caso clarísimo de intrusismo profesional.
En violencia de xénero, hai equipos na policía que fan traballos de educador/a social e de psicólog*, entre outros.
E seguramente haxa máis casos, non vos sei.
Podía tamén daquela estudar traballo social, que xa sabemos que a cousa vai de "arranxar pagas", pero non, ho, non!! El*s igual che tramitan unha RISGA que che fan unha intervención socioeducativa, pero sen ter nin puta idea da parte educativa, claro.
E así vai o mundo...
Vades a un curso do INEM, un AFD, e se mirades nos requisitos para poder impartilos, veredes que para dar eses cursos, fóra de ter o título de formador ocupacional ou equivalentes, podedes dalos se sodesb pedagog*s (lóxico), maestr*s (lóxico tamén), psicopedagog*s (bueee...), psicólog*s (WTF? Que sabe un/ha psicólog* de ensinar???) e... chacháaan!! Se sodes... Enxeñeir*s!!!!! Que carallo sabe un/ha enxeñeir* do proceso de ensino-aprendizaxe??? Por favor, que veña Dios a explicarmo!!!! Entendo que hai moitos cursos cux*s docentes deberían ser enxeñeir*s, pero primeiro que fagan o curso de F.O., que agora se chama "docencia da formación profesional para o emprego", `porque -reitero- que carallo sabe un/ha enxeñeir* de ensinar???

E suma
E segue...
Que non sei por que será, pero *s educador*s sociais somos case invisíbeis para a administración, para moitas empresas privadas e para bastantes ONGs. Total, se hai que corrixir unha conduta nun/ha nen*, podemos poñer a un municipal a facelo, tanto ten, serve calquyera!!! E se non, un/ha voluntari*. Que logo sae mal a cousa?? Dicimos que * nen* non tiña remedio e vía.
Cando unha desas persoas que pensan así queira arranxar a súa casa, voulle eu de voluntaria a replantear os planos para a obra e a facerlle os esquemas de fontanería, ACS, calefacción e electricidade, e xa verán que guai...

Quería poñervos a ligazón, pero non a atopo. Prometo edición cando a mire...

Tuesday, September 23, 2014

Quero compartir algo convosco


O domingo 21 de setembro (hai tres días) leváronse a cabo marchas, manifas e concentracións en case todas as cidades do mundo. En Vigo, por causas que non veñen ao caso, iniciei eu o tema, aínda que de non ser polas persoas que se apuntaron voluntarias, non pasaría nada do que pasou. Ante todo, grazas a Pedro, César, Jean, Anabela, Esther... GRAZAS!!!

E segundo: As fotos do evento xa están camiño das NNUU, pero por se queredes ver algunhas, déixovos un copy-paste do correo que nos enviou Ricken Patel* a cada organizador/a agradecendo o traballo (está en castelán, como me chegou a min, porque non dan o galego como opción, de momento):
(vai)


"Queridos increíbles miembros de Avaaz, 

Hace meses, nuestra comunidad decidió perseguir una meta disparatada: ¡¡la mayor movilización contra el cambio climático de la historia!! Ayer rebasamos nuestras expectativas más feroces, con una marcha por el clima *6 veces* mayor que cualquier otra que se hubiera hecho antes. 80 manzanas de Nueva York se veían así
(foto de NYC)

>>Y así estaban Londres, Berlin, Bogotá, Paris, Delhi, y Melbourne... 
(montaxe coas fotos desas cidades, cheíñs de xente)

>>Fuimos más de 675.000 los que marchamos alrededor del mundo. Ha sido una bella expresión de nuestro amor por todas las cosas que el cambio climático ha puesto en peligro y de nuestras esperanzas de salvar este mundo y construir una sociedad impulsada por energías 100% limpias. Haz clic para ver más fotos de este día

https://secure.avaaz.org/es/climate_march_reportback/?bixHedb&v=46391 

Juntos, hemos hecho historia, pero esto es sólo el principio. La crucial Cumbre del Clima de París se celebrará en 15 meses - y allí es donde necesitamos cerrar un acuerdo global. Los países tienen hasta marzo del año que viene para presentar sus compromisos tal y como han prometido, así que nuestro movimiento se va a dividir para concentrarse en estos objetivos nacionales. Sin embargo, cada pocos meses nos juntaremos a nivel mundial, una y otra vez y cada vez con más fuerza para marcar el ritmo del cambio hacia energías 100% limpias hasta que a nuestros líderes no les quede más remedio que seguirnos. El movimiento que estábamos esperando acaba de comenzar. 

Con gratitud, 

Ricken, Emma, Alice, Iain, Nataliya, Patri, Oliver, Diego, Rewan y todo el equipo de Avaaz "



PD: Hemos trabajado con miles de organizaciones para hacer posible este día y, particularmente, nos encantan nuestros amigos de 350. No obstante, nuestra comunidad se merece celebrar el paso que hemos dado. El equipo y la comunidad de Avaaz han jugado un papel central en casi todas las marchas y eventos que se han celebrado. The Guardian lo ha calificado como "un triunfo organizativo" por parte de Avaaz y la BBC ha dicho que "las marchas han llevado a la gente a la calle como nunca antes gracias al poder organizativo de la comunidad online Avaaz". Hemos reclutado a cientos de organizadores y a miles de voluntarios, y nuestra comunidad ha aportado millones de dólares en donaciones para financiar este esfuerzo común. Los desafíos de nuestra era nos exigen ser mejores, y juntos lo hemos sido, creciendo y cambiando hacia una nueva clase de movimiento mucho más efectivo: un movimiento que ahora también existe en las calles. Mi más sincera gratitud a todos los que lo han hecho posible. 

Despois desta mensaxe, o lóxico era que dalgún xeito compartise isto convosco, que estivestes aí, que participastes, que sodes quen o fixo posíbel e quen quere continuar. Por iso as grazas dóuvolas eu a vós.

FOTOS: (c) Jean Rueda 135mmfotografia.es

Sunday, September 14, 2014

Y parece que va a salir

El otro día (madrugada del 9 para el 10 de septiembre) estaba en mi habitación haciendo sabe dios qué a esas horas, quizás veía vídeos chorra en youtube, quizás estaba actualizando mi CV en infografía... Pero paré a mirar el correo y había uno de Avaaz.org
Yo no me considero muy ecologista. Al menos, no como esa gente que casi vive para defender este planeta y sus cosillas. Vale, soy más bien de esa gente que malmente separa la basura y procura no gastar mucho papel (sin pasarse, eh? que a veces la inspiración viene cuando sólo hay boli y papel, que una no está sentada 24h delante del laptop).
Y -como iba diciendo- me fijé en los eventos convocados en Galiza. Había marchas en Compos, Lugo, Coruña, Ourense y Pontevedra, pero no en Vigo y me dije: Si somos medio milón entre censados/as y no censados/as, cómo es posible que a nadie se le haya ocurrido convocar una concentración, al menos? Y ahí va la niña y le da click en crear evento. Después de eso, debo confesar que estoy oxidadilla en estas cosas, tuve la gran suerte de que se presentaron tres personas voluntarias para echar una mano y de verdad que la echaron. Pero mucho.
Yo, por mi parte, empecé a asumir que tenía que hacer (lo que sea, pero hacer algo) y empecé a movilizar viejos contactos y amigos/as, que de eso aún tengo bastante. Buscar gente para el speech final (creo que hace falta una persona o dos más aparte de los que ya estamos) y colectivos que apoyen el tema y den un poco de solidez a este proyecto ciudadano.
Y vaya, no sé si el domingo 21 habrá mucha gente en la Puerta del Sol, pero desde luego, para hacer 18 años que no hacía estas cosas, no se me había olvidado tanto y estoy bastante satisfecha con la idea de que aún mantengo algo de mi capacidad de liderazgo (en desuso desde hace muuuucho tiempo).
Ahora a ver, ya contaré cómo fue, sobre todo si fue bien :)
Y para rematar, perdonad el estilo más coloquial y descuidado de lo habitual, pero estoy aún en el horno. 
Si safaré o no, ya os lo diré (Hablo de la autoevaluación, referida a lo que realmente puedo controlar).

Máis info aquí

XX

Tuesday, July 15, 2014

Buscando traballo 3: Estudos e reivindicacións

Como tiña moito tempo libre, decidín facer dúas cousas: Matriculeime na Escola Oficial de Idiomas (porque falo inglés pero non teño título que o demostre) e xa vos dixera que teño o vicio de escribir, polo que me presentei (e sigo facéndoo) a todo concurso canto podía. Pero iso non era dabondo. Algo máis podía facer, non si? E ben, eu son educadora social e orientadora laboral (si, orientadora laboral sen emprego, xa sei que é irónico). A educación social é unha profesión na que abonda o intrusismo. Traballadores/as sociais, persoas sen titulación, de maxisterio, pedagoxía, (mesmo enxeñaría!) métense a facer o noso traballo, devalando aínda máis o noso labor. E algo tiñamos que facer. Poño “tiñamos”, así en plural, porque para isto non podía poñerme ou soa, pois non serviría de moito unha so voz. Así que nos xuntamos un bo grupo de titulados/as en educación social e gora somos máis de trescentas persoas loitando por visibilizar a nosa tarefa en empresas, ONGs e todo tipo de entidades que deberían de contratar educadores/as sociais, pero que collen a calquera e mesmo collen voluntariado para o noso posto. Eu iríalles de voluntaria para facerlle os planos da casa e os esquemas de fontanaría, calefacción e auga quente sanitaria. Sería unha ruína, seino. Pero tamén é unha ruína usar voluntariado para tratar con adolescentes en risco de rematar mal ou persoas con problemas de adiccións que por non teren un/ha profesional de verdade recen. E para o caso, todos estes casos son o mesmo que facer mal os planos e os esquemas dunha casa: Todos van abaixo se non teñen un/ha profesional que planifique ben os pasos a seguir.
E por iso empezamos a campaña de visibilización e loita contra o intrusismo. Pensamos que se as entidades comprendesen ben que facemos e que valor ten o noso labor, deixarán en moitos casos de contratar persoal alleo á nosa carreira.
Por outra banda, xa que os colexios non fan moito pola causa e mesmo habilitan a persoas que pudendo estudar Educación Social preferiron traballar sen título, botándolle moito papo e facendo anos de experiencia para que agora as habiliten non para o seu posto, senón para calquera ámbito da educación social, o que nos parece moi inxusto, nós optamos por tratar de mobilizarnos pola nosa conta.

Así que xa vedes, aproveitando o tempo que non temos cando traballamos por un salario (porque traballar, o que é traballar, traballo máis agora, se cadra).
E como eu son de meterme ata o fondo, xa que estaba, púxenme a investigar dentro dun campo que me leva ocupando tempo desde hai case oito anos: Condutas adictivas e xestión do tempo (pero isto cóntovolo doutra vale?)

Wednesday, June 25, 2014

Buscando traballo 2: Resulta que sei escribir

Estaba claro que non ía morrer de fame nin deixarme comer polo paro. Está moi ben cobrar o subsidio, da para sobrevivir, ok. Pero eu non me conformo. Pensei, entre empresa e empresa, entre ETT's e INEM, que cousas sei facer, aparte da  miña titulación?
Sei escribir, sempre escribín. Se cadra era hora de tomarme a escrita en serio, coma unha opción real para gañar a vida. De momento, aviso, non conseguín moito... Quedar finalista nalgúns concursos, algunha que outra publicación, pero de manteca, nada. Nin un can.
Xa pensando en darlle ao boli ou á tecla, retomei unha actividade que deixara un pouco de lado: Os guións de monólogos de humor e, claro, as actuacións. E volvín a coller o micro para gañar pasta pero sobre todo para ter a seguridade de que non ía perder o bo humor. Ter que facer rir á xente cada quince ou vinte días permíteme manterme fresca para buscar traballo sen agobiarme nin deprimirme, porque non hai mellor terapia para evitar a decepción constante do "Xa te chamaremos" que rir, rir moito.
Por outra banda, desde 2007 estaba botando unha man a varios mozos e homes en risco de exclusión, primeiro co tempo libre e logo tamén coa busca de emprego. Aproveitando que sen traballo hai máis tempo para facer cousas, empecei a adicarlle máis tempo a este proxecto e aí seguimos, con algúns mozos conseguindo traballo, outros buscando, outros descubrindo outros xeitos de lecer...
E como iso non da de comer, seguín pensando en que podía eu traballar...
Así naceron os pre-recados. Vou por varios supermercados mirando prezos e anoto. Logo fago unha lista de onde están máis baratos os produtos que me piden. Por iso páganme, si, pero por si só non da para vivir...
E seguín buscando. Empezaba a sentir que facía moitas cousas pero gañaba pouco. É así, si. Pero recoñezamos que sigo "on" e non deixo que a inactividade (o desemprego) me coma. Resisto, sobrevivo. E iso abonda por agora, porque os traballos seguen desaparecidos.
A próxima cóntovos un pouco como na rede se pode tamén ir creando, construindo...
Namentres, déixovos con estas ideas, que se ben non son xeniais, son as que eu fun aproveitando para "ir tirando".
Ánimo e dádelle caña á vida, que se vós non queredes, non tendes por que deixar de loitar e descubrir cousas novas e interesantes...

Monday, June 23, 2014

Buscando traballo 1: Como empecei


Empezo aquí cunha serie de entradas nas que vou contar como vou buscando traballo (que é un traballo en si mesmo). Deste xeito, tratarei de compartir convosco as miñas experiencias agardando que vos sirvan de algo e que podades aprender algunha cousiña, igual que eu conto con aprender dos vosos comentarios.

 Aí vou:

Levo xa un tempo sen traballo. Estiven de baixa desde decembro de 2012 ata agosto de 2013 por mor dunha hernia discal que por fin conseguín que me quitasen en febreiro de 2013. Desde a operación, fun recuperando mobilidade ata que en agosto logrei a alta médica, entrando nese momento a formar parte das listas de pobres desempregados/as que sobrevivimos como podemos buscando traballo e loitando coa impaciencia e a desesperación que aos poucos van gañando terreo á ilusión de atopar algo que nos encha, ás ganas de buscar e ao optimismo.

De súpeto, vinme en pleno verán (finais de verán, cando case non hai contratacións) buscando traballo sen ter moi claro en qué concretamente, sabendo só que buscaba un posto de educadora social, sen máis acotacións. Tanto che me daba buscar un traballo con persoas maiores ou adultas, en formación continua ou para persoas desempregadas, en orientación laboral (que me encanta porque vexo que cada vez son mellor como orientadora) ou en dinamización comunitaria... Eu o que quería era traballar.

O primeiro que fixen foi redactar varios CVs. Tantos como áreas de emprego pretendía abarcar, dentro da miña titulación. Tamén redactei un para postos de escasa calificación, prevendo que non necesariamente ía conseguir un traballo na miña especialidade nas primeiras semanas de busca. Sempre hai que ter unha alternativa, e a miña era a hostalaría ou o turismo. Teño título de guía de ruta e aproveito para contarvos que é algo que se me da bastante ben e do que gosto especialmente. 

Tamén redactei outro CV coa miña experiencia como locutora de radio e redactora en prensa online, aínda que vexo poucas saídas profesionais reais porque sei como está o mercado laboral neste ámbito e sendo realista e honrada comigo mesma, pregunteime:  "Que fas tratando de competir con licenciados/as en ciencias da información?" e tamén me respondín: "Nunca se sabe e se non probas nunca vas ter oportunidades".

Así que redactei o CV e inserino na lista de CVs de infojobs. Infojobs.net é unha das páxinas que máis movemento ten cando se fala da busca de emprego a través de internet. Hai máis, moitas máis, e vouvos contar cales son as outras que uso, para darvos ideas ou invitarvos a que as probedes. Algunhas son só bolsas e emprego. Outras son máis semellantes a un blog, outras son páxinas web que conxugan diferentes servizos, resultando moi completas e, cando dispoñen de ofertas de empresas dabondo, son unha ferramenta moi útil para quen busca emprego. Hai que observar e contrastar o tipo de traballos que ofrecen, porque algunhas webs están especializadas (consciente ou inconscientemente) en sectores ou postos concretos. Non tería moito sentido rexistrarme nunha web que busca programadores/as de linguaxes informáticas cando o meu é a educazón, non si?

Despois de rexistrarme nalgunhas webs e bolsas de emprego, decidín que podía gañar en visibilidade para as empresas se facía unha infografía da miña experiencia e da miña formación. E iso fixen, pero se non vos parece mal, cóntovolo na seguinte, O.K.?