Tuesday, May 20, 2014

El partido solidario del Coruxo FC, como cada año

Levo moito tempo sen dar sinais de vida, eh?? Póñovos unha nova que le vai encantar a quen ame o fútbol e lle importen os demais.

O Coruxo Fútbol Club e a selección de Vigo disputarán un partido amistoso o próximo sábado a partir das 17.30 horas n'O Vao. Como todos os anos, o partido terá fins solidarios. Os/as asistentes ao encontro deberán de traer un quilo de alimentos non perecedoiros que irán destinados a Cáritas, desde onde logo van ser repartidos como eles/as consideren.
Este vai ser un dos últimos partidos que dispute o Coruxo nesta tempada. O equipo vigués cumpriu co seu obxectivo de garantir a permanencia na Segunda División B, meta que lograron xa na recta final da liga. O Coruxo FC vai xogar a próxima campaña nesta categoría por quinto ano consecutivo. O equipo dirixido por Rafa Sáez aínda non colleu as vacacións.
A entidade deportiva viguesa volve amosar o seu lado máis solidario con esta iniciativa, que se realiza desde hai varias campañas e que desde sempre ven sendo acollida con grande interese por parte da afeción.
O Coruxo FC agarda unha grande asistencia de público ao campo d'O Vao para deste xeito poder levar os alimentos a Cáritas, institución coa que mantén un vínculo de colaboración permanente.
Bravo polo Coruxo FC!!
Anímovos desde aquí a participar levando un quiliño e de paso disfrutar dun encontro interesante. Se vos gusta o fútbol, o sábado tendes que facer ;)