Saturday, November 22, 2014

Máis intrusismo na profesión. Ser educadora social doe...

Ás veces penso que me trabuquei escollendo a carreira. Non porque non me guste, que amo ser educadora social; nin porque non haxa traballo, porque á fin e ao cabo, estamos tod*s igual nese sentido. Tampouco é porque se me dea mal facer o meu labor, porque creo que son boa nisto, perdoádeme a falta de modestia...
Pero cando vexo cousas como as novas de hoxe e hai uns días dicindo que nos xulgados galegos van crear un corpo de mediadores e esa tarefa vaina realizar a policía nacional... Aí é cando penso que me trabuquei. Que había que escoller mellor cando fixen a matrícula; tiña que meterme na policía, daquela. Que seguramente, e como non me coñecedes en persoa compréndovos, pensaredes que onde vou eu á policía e con tanta seguridade, que iso vai con oposicións e tal... Pero eu contestaríavos con dous argumentos: Mido 1, 83 e peso 76Kg, e non porque estea gorda; fixen deporte durante media vida e agora non o fago pero vou a todas partes andando apurada, fago traballos físicos a miúdo, etc, e a miña intelixencia seica é superior á media, pero, sexa así ou non, dánseme moi moi ben os exames, sobre todo os que son de resposta de elección múltiple.
E por que precisamente policía?
A máis do tema dos mediadores, temos o programa axente-titor, este coa policía local, outro caso clarísimo de intrusismo profesional.
En violencia de xénero, hai equipos na policía que fan traballos de educador/a social e de psicólog*, entre outros.
E seguramente haxa máis casos, non vos sei.
Podía tamén daquela estudar traballo social, que xa sabemos que a cousa vai de "arranxar pagas", pero non, ho, non!! El*s igual che tramitan unha RISGA que che fan unha intervención socioeducativa, pero sen ter nin puta idea da parte educativa, claro.
E así vai o mundo...
Vades a un curso do INEM, un AFD, e se mirades nos requisitos para poder impartilos, veredes que para dar eses cursos, fóra de ter o título de formador ocupacional ou equivalentes, podedes dalos se sodesb pedagog*s (lóxico), maestr*s (lóxico tamén), psicopedagog*s (bueee...), psicólog*s (WTF? Que sabe un/ha psicólog* de ensinar???) e... chacháaan!! Se sodes... Enxeñeir*s!!!!! Que carallo sabe un/ha enxeñeir* do proceso de ensino-aprendizaxe??? Por favor, que veña Dios a explicarmo!!!! Entendo que hai moitos cursos cux*s docentes deberían ser enxeñeir*s, pero primeiro que fagan o curso de F.O., que agora se chama "docencia da formación profesional para o emprego", `porque -reitero- que carallo sabe un/ha enxeñeir* de ensinar???

E suma
E segue...
Que non sei por que será, pero *s educador*s sociais somos case invisíbeis para a administración, para moitas empresas privadas e para bastantes ONGs. Total, se hai que corrixir unha conduta nun/ha nen*, podemos poñer a un municipal a facelo, tanto ten, serve calquyera!!! E se non, un/ha voluntari*. Que logo sae mal a cousa?? Dicimos que * nen* non tiña remedio e vía.
Cando unha desas persoas que pensan así queira arranxar a súa casa, voulle eu de voluntaria a replantear os planos para a obra e a facerlle os esquemas de fontanería, ACS, calefacción e electricidade, e xa verán que guai...

Quería poñervos a ligazón, pero non a atopo. Prometo edición cando a mire...