Tuesday, February 18, 2014

O malo de vivir en Vigo

Antes de nada, perdoade porque creo que o que segue non está redactado da mellor maneira, posiblemente estea desleixado, sen xeito, pero estou bastante cabreada. Adicado aos cerebros de Vitrasa (mimadriña)
Dicían que ían mellorar as liñas. Tanto bombo para "mellorar o servizo", cacareaban. E carallo, si que deron o golpe! As liñas máis usadas seguen igual, nin un minuto de mellor na frecuencia. O C3, que vai "petado" todos os días, pasa dous minutos antes. Ai, mi madriña! Que igual a alguén lle vai ben para chegar ao traballo, non o nego (dous minutos co noso tráfico, poden ser cruciais), pero nada. Nin cada vinte minutos os fins de semana (que cada media hora non nos serve, que é a que había e a que seguirá habendo. O 15C e o 11, igualiños (falo da semana, os findes ao 15C non lle sei os horarios, non quero meter a pata.
Os C9A e C9B pasan a ser L9A e L9B e atención ao chollo: Antes os dous chegaban á rúa Coruña. Si, antes. Agora só vai o L9A que, para quen non o saiba, é o do aeroporto (que eu saiba, segue sendo o único que vai alí, a Peinador, toma castaña!!). O L9B chega a Colón (menos do que chegaba os domingos, que só facía medio percorrido.
Total, que agora queres vir para o Calvario desde Pi i Margall e tes dúas opcións: o L9A cada media hora ou o L15C cada hora.  Se chegas ás X:27 minutos á penúltima parada de Pi i Margall, máis che vale patear até o paseo de Afonso XII, porque até case en punto non che volve pasar un bus. Que "chega antes", podes dicir, pero non, non tal, porque estou pensando en xente que estuda ou traballa por aí, estou pensndo en que se chove como chove aquí en Vigo, a ver quen é o/a guap* que queda media hora agardando sen un mísero balcón (nin un en ruínas, oes!), e se cadra podes coller o C5A (se é que se sigue a chamar así) e facer transbordo, ou o C5B e dar a volta polos Canos, que total...
E despois de todo este tocho, vexo que o C4A xa non ten frecuencia de 40 minutos os sábados, que xa era imposíbel saber cando lle tocaba pasar, pero non. Para facelo máis doado, agora pasa cada hora, que se queres ir do Calvario a Teis xa o tiñas ben fodido antes, pero agora xa che quitan unha opción. Por que, non sei, pero a quitan. Menos mal que na Rúa Aragón vive ben de xente, que igual o que queren é que suban a San Xoán e baixen a rebolos, eu que sei... Os sábados, por se as moscas, non pensedes ir do Troncal (a Fenosa, para os amigos) ao Calvario, ao centro, a Coia, etc., por Aragón. Mellor ides pola Trave, que se tendes sorte, igual vos pasa o C5 (que a este case non o cambiaron) e se non, facemos pata, que é máis san.
Ah! E se tendes que baixar ao centro ás 15:20h (poño esta hora porque teño que baixar xusto a esa hora cada día de luns a venres), antes collías o C9A e se non, un chisco antes tiñas o C4B... Xa non. O 9A ás e vinte vai polo Berbés e o C4B desapareceu, agora é medio 24 (vaivos á estación de Guixar) e medio 16 (da estación de Guixar a Coia) Vamos, que se queredes ir a Coia desde o Calvario, ide pensando en coller o 15A ou, en fin, axustar o voso horario... Non me queixo das liñas novas, nin das ampliacións.
Quéixome de que liñas que adoitan ir petadas, non existen máis. E penso en que é moita casualidade que un neno que vai ao colexio e volve do colexio cada día dea xusto con varios trocos que o van deixar ou sen comer ou correndo co xantar a medio tragar para coller o bus. E para quedar a 200m do colexio, que xa non vai ter ningún bus que o achegue ao cole como até agora.
E por ultimo, só queda dicir: Bravo, Vitrasa!!! Anunciades melloras e descubrimos que nos vades tocar máis o c... ou a c... (homes e mulleres, escollede a opción axeitada).