Se poden os golfiños, por que a nós están a poñérnolo tan difícil?
Non me parece xusto, non. A
natureza é sabia? Pois se hai drogas nela, será porque nalgún momento serán
útiles. Xa non falo de que existan: Os golfiños usan drogas? Ah! non, os pobres
golfiños, simpáticos, lembra Flipper... Merda!! Cando interesa sí, cando non,
drogarse é malo.
Eu entendo os riscos que comporta
o consumo de certas drogas; non estudei todas, por falta de tempo ou falta de “horas
de práctica”. Evidentemente, nin se me ocorrería probar alucinóxenos estando no
Berbés (o porto de Vigo, para quen non o coñeza –vinde xa-). Evidentemente, non
fumaría maría antes dun exame, nin na semana anterior, probablemente, nin
metería coca antes dun traballo que requira una precisión total.
Pero...
Por qué non se pode usar opio,
heroína ou morfina o primeiro día das vacacións, para relaxarse e desconectar?
Por qué non se pode fumar un
cigarro de maría xusto o día que chega a primavera –ou o verán- sentada nunha
pedra do camino, xunto a cinco ou seis amigos, e charlar e rir desconectando do
inverno ou do curso recén rematado? (segundo o caso).
Non gosto da coca, polo mal que
fai no cerebro e no sistema cardiovascular a longo prazo, pero... Un día ao
ano, eu qué sei... Fin de ano, para uns, eu escollería en maio a finde da
carreira en Montmeló... Cadaquen a súa.
Legalizar non significa que
todos e todas consuman drogas alegremente. Non. Eu non deixaría que o meu fillo
probase ninguna droga antes de rematar o instituto, como mínimo (despois non me
meto porque sei ben que na universidade experimntamos... con todo, sí).
Sei que ir reclamar un exame case
aprobado despois de comer psyllocibes non é boa idea, pero sí que é agradabel
comer unas desas setiñas cando estás sentada nun sofá, con algún amigos/as,
falando da vida, mesmo filosofando... Dentro dunha orde, que non é cousa de
alucinar: é cousa de abrir a mente. Iso é moi importante!!
Sei que moitas e moitos de vós
vades berrar que as drogas fan mal, que son moi malas, que está demostrado que
danan a función executiva, pero... Será a droga ou será a marxinación social
que devén en indefensión aprendida o que produce ese trastorno da función
executiva que tanto se comenta agora??