Tuesday, January 28, 2014

Sei que moit*s de vós non vades estar de acordo, pero aí o deixo.




Se poden os golfiños, por que a nós están a poñérnolo tan difícil?
Non me parece xusto, non. A natureza é sabia? Pois se hai drogas nela, será porque nalgún momento serán útiles. Xa non falo de que existan: Os golfiños usan drogas? Ah! non, os pobres golfiños, simpáticos, lembra Flipper... Merda!! Cando interesa sí, cando non, drogarse é malo.
Eu entendo os riscos que comporta o consumo de certas drogas; non estudei todas, por falta de tempo ou falta de “horas de práctica”. Evidentemente, nin se me ocorrería probar alucinóxenos estando no Berbés (o porto de Vigo, para quen non o coñeza –vinde xa-). Evidentemente, non fumaría maría antes dun exame, nin na semana anterior, probablemente, nin metería coca antes dun traballo que requira una precisión total.
Pero...
Por qué non se pode usar opio, heroína ou morfina o primeiro día das vacacións, para relaxarse e desconectar?
Por qué non se pode fumar un cigarro de maría xusto o día que chega a primavera –ou o verán- sentada nunha pedra do camino, xunto a cinco ou seis amigos, e charlar e rir desconectando do inverno ou do curso recén rematado? (segundo o caso).
Non gosto da coca, polo mal que fai no cerebro e no sistema cardiovascular a longo prazo, pero... Un día ao ano, eu qué sei... Fin de ano, para uns, eu escollería en maio a finde da carreira en Montmeló... Cadaquen a súa.
Legalizar non significa que todos e todas consuman drogas alegremente. Non. Eu non deixaría que o meu fillo probase ninguna droga antes de rematar o instituto, como mínimo (despois non me meto porque sei ben que na universidade experimntamos... con todo, sí).
Sei que ir reclamar un exame case aprobado despois de comer psyllocibes non é boa idea, pero sí que é agradabel comer unas desas setiñas cando estás sentada nun sofá, con algún amigos/as, falando da vida, mesmo filosofando... Dentro dunha orde, que non é cousa de alucinar: é cousa de abrir a mente. Iso é moi importante!!

Sei que moitas e moitos de vós vades berrar que as drogas fan mal, que son moi malas, que está demostrado que danan a función executiva, pero... Será a droga ou será a marxinación social que devén en indefensión aprendida o que produce ese trastorno da función executiva que tanto se comenta agora??

No comments:

Post a Comment